Zdeněk Miler

Zdeněk Miler (21 de febreiro de 1921) é un animador e ilustrador checo máis coñecido pola súa toupiña (Krtek ou Krteček no orixinal) e as súas aventuras.

Miler naceu en Kladno ao oeste de Praga, capital da entón Checoslovaquia. El tornouse un animador en parte por mor da ocupación nazi de Checoslovaquia. Tomou parte nas manifestacións realizadas a consecuencia da morte de Jan Opletal que levaron ao peche de universidades e facultades. El escapou de ser enviado a un campo de concentración. Pola contra, el acabou traballando como animador.

Miler gozou da pintura desde neno. O seu traballo desenvolveuse cando ingresou na Escola Nacional Gráfica en Praga, en 1936. Máis tarde, estudou na Facultade de Artes e Oficios (uměleckoprůmyslová Skolem Praha). En 1942 empezou a traballar no estudio de debuxos animados Bater en Zlín. Alí, el aprendeu as habilidades prácticas relacionadas coa produción de cine especializada en películas de animación. Trala Segunda Guerra Mundial, comezou a traballar na empresa de debuxos animados Bratri v triku e traballou primeiro como deseñador e logo como autor e director. Acabou sendo o xefe da empresa.

Miler fixo preto de 70 películas. En preto de 50 delas, o protagonista era a súa máis famosa creación, a toupiña pequena (Krtek en checo). A idea para a súa creación veu cando foi contratado para facer un filme educativo para nenos en 1956. El non estaba feliz co guión que lle deran dado. Como estaba fortemente influenciado polas películas de Walt Disney, el ollou para un animal como personaxe principal. Máis tarde, dixo que a idea de utilizar a toupiña como personaxe ocorréuselle cando tropezou nun monte dunha toupeira durante unha camiñada. A primeira película foi titulada “Como a toupiña atopou os seus pantalóns” (“Jak krtek ke kalhotkám přišel”), que gañou un León de Prata en Venecia. En principio, a toupiña falaba. Pero Miler quería que a súa toupiña puidese ser entendido en todo o mundo polo que decidiu utilizar as súas fillas como actrices de voz, reducindo o discurso a exclamacións curtas non figurativas, coa fin de expresar os sentimentos de Krtek e a súa percepción do mundo. As súas fillas tamén foron os seus coellos de indias, pois elas vían os filmes primeiro. Así Miler podería ver se a súa mensaxe era entendida polos nenos.
Krtek foi un enorme éxito en Checoslovaquia, Europa Oriental e de Alemaña dende o principio e hoxe Krtek pode verse en máis de 80 países.

Máis info

Os seus libros

Más info
A meniña de libros

A meniña de libros

Sam Winston, Oliver Jeffers.

14,50

Añadir al carro

Más info
Aprende a debuxar co grúfalo

Aprende a debuxar co grúfalo

Axel Scheffler, Julia Donaldson.

6,50

Añadir al carro

Más info
A filla do grúfalo

A filla do grúfalo

Axel Scheffler, Julia Donaldson.

14,00

Añadir al carro

Más info
O grúfalo

O grúfalo

Axel Scheffler, Julia Donaldson.

14,00

Añadir al carro

Más info
Trenciño

Trenciño

Jan Carek, Zdeněk Miler.

10,00

Añadir al carro

Más info
Na busca dun fogar

Na busca dun fogar

Vivianne Schwartz, Alexis Deacon.

14,00

Añadir al carro

Más info
A vaca que puxo un ovo

A vaca que puxo un ovo

Russell Ayto, Andy Cutbill.

14,00

Añadir al carro

Más info
Perdido?

Perdido?

Oliver Jeffers.

14,00

Añadir al carro