Aviso Legal

Identificación

O presente sitio web, patasdepeixe.com, é propiedade e está xestionado por Patasdepeixe Editora, S.L., que, en cumprimento do previsto na LSSICE-Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade de Información e Comercio Electrónico, se identifica a continuación:

  • C.I.F. B-27763044
  • Inscrición: Rexistro Mercantil de Pontevedra, Tomo 3740, Folio 1, Folla 51952
  • Enderezo: rúa Enrique Blein Budiño nº1, 1ºA, 36201 Vigo (Pontevedra)
  • Teléfono: +34 679777111
  • Correo electrónico: info@patasdepeixe.com

Utilización

A utilización dos servizos ofrecidos nesta páxina confírelle a condición de usuarios, e supón a súa aceptación expresa e sen reserva destas condicións legais. A utilización de determinados servizos ofertados nesta páxina rexerase, ademais, polas condicións particulares previstas en cada caso, as cales se  entenderán aceptadas polo mero uso dos mesmos.

Dispoñibilidade e acceso ao portal

Patasdepeixe Editora, S.L. resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificación e actualizacións da información contida na web, a configuración e presentación desta e as condicións de acceso.

Acceso

Hai determinadas partes da web con acceso reservado a clientes, mediante un identificador de usuario e contrasinal.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos, marcas, deseños, logotipos, iconas, botóns, nomes comerciais, nomes de dominio e calquera outros signos ou elementos susceptíbeis de protección de dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web son propiedade de Patasdepeixe Editora, S.L., ou de  terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no mesmo e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

Os dereitos de explotación do sitio web son titularidade de Patasdepeixe Editora, S.L., e están protexidos polas leis de propiedade intelectual españolas e polas leis aplicables no país no que se utilice.

Protección de datos

Os datos personais vinculados á páxina patasdepeixe.com cumpren e respectan as esixencias da lexislación vixente en materia de protección de datos personais, e só poderán ser utilizados para a finalidade establecida; coas limitacións e dereitos que recolle a Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de
Carácter Persoal e o Regulamento que a desenvolve.

Os datos facilitados polos usuarios serán incorporados aos ficheiros dos que é responsable Patasdepeixe Editora, S.L., a cal adoptará todas as Medidas de Seguridade en relación cos ficheiros e os datos tratados nos mesmos.

Os usuarios poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación u oposición dos seus datos dirixíndose por escrito a:

Patasdepeixe Editora, S.L.
Rúa Enrique Blein Budiño nº1, 2ºA
36201, Vigo (Pontevedra)

Ou ben ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@patasdepeixe.com

Foro e lei aplicábeis

Para a resolución de calquera controversia relativa a este sitio web ou das actividades nel desenvolvida, será de aplicación a lexislación española, á que se
someten expresamente as partes; sendo competentes para a resolución dos conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais de Vigo, salvo normativa específica en materia de consumidores e usuarios.