Skip to main content

O incrible neno devorador de libros

Precio 12,00

Longa vida haxa para vós! Esta editora preséntase cunha obra do ilustrador irlandés Oliver Jeffers: O incrible neno devorador de libros, do que existía unha edición en español feita pola editora mexicana Fondo de Cultura Económica, que tamén publicou outros álbums deste ilustrador (Perdido y encontrado [2005], De vuelta a casa [2008], Cómo atrapar una estrella [2005], …).

Aquí preséntanos una historia que, textual e graficamente, se constrúe nunha páxina que sempre Henry, o incrible neno devorador de libros, e o seu antagonista, xaora, os libros. É ben certo que ameazan con nos cansar con libros que teñen como obxectivo a incitación ao consumo de libros.

Este asunto como tema literario, que xa é unha pandemia planetaria, non se libera doadamente do seu aire de sermón laico de cuxa eficacia eu son máis ben escéptico. Esta autofaxia pouco achega á creación do hábito lector, que se constrúe, ao meu ver, coas boas obras e non con prédicas, por benintencionadas que estas sexan. Mais neste caso non se trata dun canto aos libros por si mesmos nin á lectura, sexa do que sexa con tal que sexa moita, senón de como ler. E por aí entra n’O incrible neno devorador de libros un vento fresco de retranca que fai deste álbum un verdadeiro acerto de humor e de chiscadelas intelixentes que tanto confortarán ao lector. Teño para min que álbum infantil (este éo) é ilustracións de lectura perfectamente adecuadas á comprensión infantil.

Páxinas partidas en horizontal xunto con outras unitarias ou, mesmo, dobres, sempre coa presenza de Henry na actitude que o texto anuncia en cada caso, pero non explicita. Liñas de ollada, marcas cinéticas, cromatismos narrativos e outros elementos técnicos, moi ben elaborados e administrados, completan un álbum atinado e que ten un alto valor e interese para o lector infantil. A todo o anterior hai que engadir o acerto de encomendar a adaptación tipográfica a un dos grandes ilustradores galegos, Óscar Villán. Porque nestes elementos metatextuais reside unha parte moi importante dos compoñentes visuais e narrativos que lle confiren ao álbum unha abundancia de planos lectores, de elementos de literacidade, que fan del unha obra moi merecente de grande atención.

 

// Xabier P. DoCampo

Oliver Jeffers

Longa vida haxa para vós! Esta editora preséntase cunha obra do ilustrador irlandés Oliver Jeffers: O incrible neno devorador de libros, do que existía unha…