Skip to main content

Perdido?

Precio 14,00

Esta recente editora, Patasdepeixe (que nos engailou con O incrible neno devorador de libros), achegounos este último ano dous novos títulos. Un é este: Perdido? con texto e ilustracións de Oliver Jeffers do mesmo autor que aquel.

Un pingüín chama na casa dun neno, e este, pensando na súa tristura, tenta devolvelo ao seu mundo. Ata que descobre que en realidade é a amizade a que fai fuxir a tristura de onda nós. Cada páxina é case toda unha ilustracións, sensible e cercana.

Encantaravos.

Fonte

Oliver Jeffers

Esta recente editora, Patasdepeixe (que nos engailou con O incrible neno devorador de libros), achegounos este último ano dous novos títulos. Un é este: Perdido?…